| Leo e as estrelas - Teatro de sombras |
|
| Luns, 30 Novembro 2009 09:11 | |
|
“Leo e as estrelas” é un xogo de sombras que ten como obxectivo achegar a ciencia da astronomía a educación primaria, converténdose unha oportunidade única para ensinar os conceptos básicos da astronomía. A idea xorde da colaboración entre a Asociación de Animación e a empresa Altega, con motivo do Ano Internacional da Astronomía 2009. O teatro de sombras consiste en empregar sombras dinámicas sobre fondos proxectados, dando vida a figuras mediante a orixinalidade do guión. Esta mostra está orientada o publico infantil (para os nenos e nenas de 5 a 10 anos) para que capte a atención mediante unha historia de aventura, dinamismo e constante interacción co público. Todos os elementos da obra orixinal son orixinais xa que están producidos por Zas!Candís , grupo de teatro que se especializa en sombras formadas por actrices, debuxantes, deseñador gráfico e compositor de música.
Producido por: Altega Subvencionado por: Diverciencia
Leo e as estrelas by Asociación Animacción is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 España License. Based on a work at www.animaccion.info. |
|
| Modificado o ( Xoves, 07 Xaneiro 2010 10:49 ) |