|
DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE A vista dos recentes cambios na estrutura organizativa das actividades de tempo libre en Galicia, especialmente nos campamentos de verán (única competencia exclusiva dos directores de actividades de tempo libre), o noso curso terá unha compoñente práctica e achegada á realidade moi especial. Potenciaremos a visión do director como xestor de recursos humanos, a dirección eficaz de equipos de traballo, as novas estruturas organizativas nos campamentos galegos. Ademais, o uso e aproveitamento de ferramentas en web para mellorar a práctica da animación. Por exemplo: Entrega de tarefas ao través da nosa plataforma de formación “en liña” moodle. “Blog” do curso de directores, onde de xeito rotatorio terán que facer un diario das vivencias de cada día. Xestión de traballo colaborativo en liña: plataformas wiki e documentos compartidos baixo Google. Proxectos en rede a integrar nos nosos programas. Realización de tarefas de control de obxectivos baixo web.
MODALIDADE: horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. LUGAR: locais da ETL Animacción. PARTICIPANTES: máximo de 25. PROGRAMA: o oficial da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade (decreto 50/2000). Potenciaremos especialmente as seguintes materias: Intelixencia emocional, rexolución de conflitos e comunicación. Lexislación: protección de datos, responsabilidade civil e prevención de riscos laborais. Novas tecnoloxías: ferramentas "en liña" que nos facilitarán a vida. Blogs, documentos e follas de cálculo "en liña", grupos de traballo colaborativos (Wikis).
MATRÍCULA: 220 €; 50% no momento de facer a matrícula e o 50% restante no mes seguinte. Este importe terá un 20% de desconto para os traballadores de Altega S.L. Enviar correo electrónico a info ARROBA animaccion PUNTO info cos datos de contacto. BOLSA DE TRABALLO: concertamos coa empresa Altega - Xestión do Lecer a posibilidade de realizar as prácticas nos seus proxectos, así como traballar en todo tipo de actividades de tempo libre e lecer. OUTROS: os/as alumnos/as da escola poden gozar durante un ano da condición de socios da Asociación Animacción, de balde. Ademais da participación nas actividades desta asociación, posibilita o acceso á biblioteca especializada con 200 títulos, relacionados co tempo libre.
|