| Cursos 2010 |
|
| Escrito por admin | |
| Xoves, 07 Xaneiro 2010 10:33 | |
+PROGRAMA ACTIVIDADES ANO 2010Dende a Escola de Tempo Libre Animacción pretendemos unha política formativa que da lugar a unha metodoloxía moi determinada coa que se imparten os cursos é (como non podía ser doutro xeito) activa e participativa. MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE CONVOCATORIA 1ª Datas:
Modalidade: intensivo en fins de semana, con horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Lugar: locais da ETL Animacción.
Datas:
Modalidade: intensivo en fins de semana, con horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Lugar: locais da ETL Animacción.
DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE Datas:
Modalidade: intensivo en fins de semana, con horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Lugar: locais da ETL Animacción. CURSOS MONOGRÁFICOSMONOGRÁFICO DE PAPIROFLEXIAPRAZAS: un máximo de 25 participantes. CONTIDOS:
DATAS: 23 e 24 de xaneiro. HORARIO: Por determinar. 6 horas por día.
MONOGRÁFICO DE MAQUILLAXE DE EFECTOS ESPECIAIS.PRAZAS: un máximo de 20 participantes. CONTIDOS Cos máis variados materiais de uso doméstico poderemos crear maquillaxes soprendentes de efectos especiais con resultados finais asombrosos. Traballaremos no deseño das nosas propias ideas, a execución de plantillas, efectos de medo, de noxo, de alegría. DATAS: 8 e 9 de maio. HORARIO: Por determinar. 6 horas por día. DOCENTE Borja Pérez Castro, monitor e director de tempo libre, con experiencia como docente deste curso en varias edicións durante os anos 2006, 2007 e 2008 en Vigo e Pontevedra.
INICIACIÓN AO CLOWNPRAZAS: 25 participantes. CONTIDOS Recuperemos o goce do xogo. Descubrimos as túas peculiaridades, as túas debilidades, os teus ridículos, para que os acepte e trates dende unha perspectiva máis ampla: a do sentido do humor e a tenrura. Entón poderás usalos para facer rir. O máis importante é o enriquecemento e desenvolvemento persoal que supón ir ao auténtico, ao puro e apaixoado. É un camiño cara a “persoa” traspasando a “personalidade” que nos temos construído en certo modo para protexernos, soltar clichés e artificios. Por todo isto a búsqueda do noso clown convertirase nunha viaxe san ao máis auténtico de nós mesmos. Antes de entrar no propio traballo de clown, faremos un previo de expresión corporal, para ir atopando como somos ao través das nosas peculiaridades corporais: xestos característicos, posturas, maneira de camiñar… Procurarase que este curso sexa tamén un descanso para a mente: deixémola uns días de vacacións!, para regresar ao corpo e aceptalo, xogar con el e, de paso, favorecer ese instrumento tan valioso e creativo que é a Intuición. Nas sesións trataremos:
DATAS: 30, 1 e 2 de maio. HORARIO: Por determinar. DOCENTE Nekane Fernández é licenciada en psicoloxía no 1993. Máis tarde se forma en interpretación e clown con varios maestros: John Wright, Eric de Bont, Leo Bassi entre outros. Doctoranda pola Universidade da Coruña en “Teatro, Expresión corporal e Sociedade” e realiza a sua tese doctoral sobre Arquetipos Teatrais. Ensina teatro a nenos durante 10 anos, traballa como actriz, imparte cursos de interpretación, expresión corporal e clown dende o 97, pero ante todo investiga sobre esta Arte de transmitir o invisible.
MONOGRÁFICO DE SERPENTINASPRAZAS: 25 participantes. CONTIDOS Os contidos teóricos serán mínimos. Revisaremos as posibilidades das serpentinas e as diversas técnicas para obeter varios tipos de obxectos. Aprender e dominas as técnicas de conservación para os obxectos elaborados en serpentina.
DATAS: 8 e 9 de maio. HORARIO: Por determinar. 6 horas por día. DOCENTE Borja Pérez Castro, monitor e director de tempo libre, con experiencia como docente deste curso en varias edicións durante os anos 2006, 2007 e 2008 en Vigo e Pontevedra. Todos estes datos poderán ser modificados en función do criterio da Asociación Animacción |
|
| Modificado o ( Luns, 06 Setembro 2010 12:33 ) |