IV Descampamento: cambio de datas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Decembro 2008 13:08

Introdución

Á vista das complicacións de moitos interesados nesta actividade pero que, por ser época de exames non podía ir nas datas previstas, decidimos adialo ata as vacacións de Nadal (20 e 21 de decembro). Como saberedes, o Descampamento ten varias intencións:

  • Crear un espazo de convivencia e lecer entre iguais, sen nenos/as.

  • Aprender entre todos/as ou refrescar técnicas e actividades novas, novidosas e orixinais.

Programa

Os contidos deste ano:

  • Como contar un conto, como facer un monólogo... por Joao Rodicio.

  • Gravación e elaboración de PodCasts, MP3eses, gravacións sinxelas, proxecto “cantos contos contas ti”, por Gusi Domarco.

  • Tiro con Arco básico.

  • Como introducir actividades de interpretación do patrimonio nos nosos proxectos de tempo libre. Unha volta lúdica aproveitando os recursos da zona. Por Laura Durán.

  • Xogos e sorpresas durante o tempo libre.

Datos técnicos

Horario: comezo o sábado, 20 de decembro ás 13:00 horas e remate o 21 de decembro ás 20:00 horas.

Lugar: albergue municipal de Celanova (Ourense). A 25 km de Ourense en dirección a Portugal.

Custe: só cobraremos a tarifa de aloxamento e manutención que ten o albergue; 30 €. A docencia será financiada por Altega - Xestión do Lecer.

O prazo para inscribirse remata o 15 de decembro.
Nº de conta. laCaixa: 2100, sucursal: 1771, díxito de control: 99, número de conta: 0200103640.

Enviade os datos de contacto (imprescindible nome e teléfono) por correo electrónico a: info ARROBA animaccion PUNTO info.

Modificado o ( Venres, 05 Decembro 2008 13:20 )